Estudan prohibir a escritura de mensaxes de texto mentres se camiña pola rúa
xoves, 31 de xullo do 2008
Escribir mensaxes
de texto no móbil mentres andamos pola rúa pode pasar á historia coma
proliferen iniciativas como a de Illinois (EE.UU.) onde propoñen unha ordenanza
municipal que prohiba
o uso do móbil ou doutros dispositivos sen fíos mentres se cruza a estrada,
de xeito que os infractores deberán pagar unha multa de 25 dólares. Así, certas
precaucións que antes só se esixían aos condutores se aplicarían aos peóns,
para a súa seguridade.
Nos últimos meses nos EE.UU. rexistraron múltiples accidentes de tráfico por
mor de cidadáns que cruzaban a rúa mentres escribían SMS (en
New York morreron 2 peóns), e as leis que impidan este tipo de
prácticas que distraen a atención mentres se camiña poderían aprobarse en
moitas cidades se así consideran que protexen a integridade dos viandantes,
aínda que haxa quen sostén que teclear mensaxes de texto mentres se camiña non
é arriscado xa que o cerebro é capaz de atender ás dúas actividades á vez.