Expertos no ERP de código aberto Eneboo xuntaranse na Coruña o mes que vén esta semana
mércores, 19 de febreiro do 2014

- A oficina de Ítaca Software Libre será un dos escenarios para este encontro de desenvolvedores
A
Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña (no Edificio de Servizos
Centrais de Investigación da UDC) e a oficina de Ítaca Software Libre (na Rúa Rafael Alberti,
número 15 da cidade herculina) acollerán entre os días 20 e 21 de marzo febreiro o II
Encontro de desenvolvedores de Eneboo ERP, para que os principais partners desta solución de software
libre para a planificación de recursos de empresa poidan intercambiar
coñecementos e fixar as liñas a seguir co futuro do software que se está a
desenvolver: posta en común de solucións adoptadas fronte a problemas comúns,
perspectivas presentes a futuras, elaboración de manuais e documentación,
perspectivas de localización... abordándose tamén as liñas de comercialización
e solucións para empresa, entre outros temas.
Entre as empresas que confirmaron a súa asistencia ao encontro están (aparte da
mencionada Ítaca Software Libre) Gestiweb Integraciones Web, S.L (Valencia),
Calidae, S.L. e Itecnogest Consulting (Barcelona), KLO Ingeniería Informática e
Infosial (Albacete), Aulla Sistema (Almería) e Siagal (Pontevedra). De haber
máis compañías interesadas en colaborar co desenvolvemento con Eneboo ERP poden contactar co representante do encontro,
Asier Epelde Piñeiro, por correo electrónico ou no número telefónico 639
938 241.
ACTUALIZACIÓN (20-2-2014): Segundo vemos en Google+, o evento está programado para este mesmo mes (na nota de prensa recibida o encontro figura no mes de marzo).
