Facebook intégrase na Xbox 360 e na PS3
martes, 17 de novembro do 2009
Hoxe foi o dÃa agardado por moitos usuarios da Xbox 360,
xa que a
través dunha actualización incorporouse á consola de videoxogos de
Microsoft a posibilidade de acceder a un maior e de máis calidade catálogo de
vÃdeos (Zune Video) e ás plataformas de redes sociais Twitter e Facebook, que
atopan asà un interesante xeito de chegar ao salón doméstico.
Con este novo dashboard é asà doado
interactuar con Twitter, aÃnda que resulta de bastante máis interese a
aplicación de Facebook, que aparte de intercambiar mensaxes cos amigos tamén
permite ver as súas imaxes.
De feito, o atractivo de acceder a Facebook dende a consola de videoxogos non é
algo que pasase desapercibido para a competencia, e Sony xa adiantou que na
versión 3.10 do firmware da PlayStation 3, que estará dispoñible esta mesma
semana, tamén existirá
a posibilidade de acceder a Facebook dende o menú (XMB) da consola,
o que permite tanto interactuar cos amigos como publicar de xeito automatizado
parte da nosa experiencia de xogos en Facebook.
Presentación do novo firmware da PS3