Facebook potencia o uso da música nas historias
mércores, 24 de outubro do 2018
Antes do verán Facebook anunciou que estaba a traballar en novas
funcións destinadas a expresarse empregando música, o que hai
un par de semanas puidemos ver en España coa chegada do adhesivo de música a
Instagram, e que agora avanza varios pasos máis, con tres
novas funcionalidades de Facebook nas que podemos engadir música tirando
proveito dun amplo catálogo musical en liña.
A función que posiblemente máis se fará notar nos vindeiros dÃas será a
Sincronización Labial en Directo, que consiste na reprodución musical durante
as emisións en vivo para que podamos facer como que somos nós os que cantamos o
tema musical, seguindo asà tendencias doutras aplicacións como TikTok. Esta
posibilidade está xa activa no noso territorio (aÃnda que noutros paÃses xa
levaba meses), e a partires de hoxe está a incorporar unha prestación
adicional: a presentación en pantalla da letra dalgunhas cancións.
Dun xeito practicamente igual ao de Instagram, agora tamén podemos crear
historias en Facebook nas que pode pegar un adhesivo musical que reproduce a
canción que queiramos no momento que elixamos, presentando o artista e o nome
da canción durante a súa reprodución.
E, finalmente, tamén engadirase a posibilidade de engadir cancións ao noso
perfil de Facebook, de xeito que na parte superior da nosa ficha persoal poderemos
ancorar unha canción, de xeito que as persoas que consulten tal apartado poderán
escoitar a canción, replicala no seu perfil ou visitar a páxina de Facebook do
artista correspondente. Esta funcionalidade estará dispoñible en breve.
- En breve poderemos ancorar música ao noso perfil de Facebook