Facebook renova o seu sistema de Eventos
luns, 3 de maio do 2010
- Os novos Eventos de Facebook poden ter distintos niveis de privacidade
Os cambios en Facebook nas
últimas semanas non paran de chegar, e tras un cambio de orientación das
Páxinas, agora
mudan os Eventos, que agora pódense crear de xeito directo e sinxelo
dende a icona de Eventos dos perfÃs de usuario ou dende o menú lateral esquerdo
de Facebook, rematando o proceso en 3 pasos, nos que hai que subministrar a
información relativa ao acontecemento programado, como a súa descrición, data e
mesmo xente convidada, sendo posible definir se queremos que un evento sexa
público ou privado.
Os eventos creados antes do pasado sábado conservarán as súas caracterÃsticas,
pero os novos entrarán neste novo formato que pretende animar a convocatoria de
eventos a través de Facebook.