Falece o experto en seguridade Kevin Mitnick
xoves, 20 de xullo do 2023
Nas últimas horas
transcendeu aos medios o pasamento
de Kevin David Mitnick, de 59 anos de idade, o pasado domingo, vÃtima dun cancro
pancreático co que loitou durante máis dun ano.
Mitnick foi toda unha figura dentro do mundo da seguridade informática,
chegando a figurar na listaxe dos máis buscados polo FBI, o que chegou a
inspirar un filme de 2000 titulado Takedown (El Asalto Final) no
que Skeet Ulrich interpretaba o seu papel, e no que se contaba a persecución dixital
por parte de Tsutomu Shinomura que desembocou na detención de Mitnick en 1995 e
unha condena de 5 anos de cadea por varios delitos informáticos. A historia
tamén foi abordada nun documental
de 2001 titulado Freedom Downtime, que en 2004 reeditouse en DVD con
material adicional entre o que figura unha entrevista con Mitnick.
Tras cumprir a súa condena, Kevin Mitnick deixou as súas actividades fóra da
lei, e converteuse en asesor en seguridade informática, asà como tamén escribiu
varios libros sobre a materia, como The Art of Deception, no que se
centraba na enxeñarÃa social como método para explotar o elo máis fraco da
cadea da seguridade (o elemento humano). Precisamente para falar deste tema
visitou en 2003 Galicia, participando no foro e-Gallaecia, onde impartiu un
relatorio que foi a actividade máis notable da edición dese ano, acadando
grande transcendencia nos medios de comunicación.
- O experto Antonio Fernandes saudando a Kevin Mitnick en 2003, cando Fernandez colaboraba con Código Cero nunha sección sobre seguridade informática