Fedora 11 chega coma un Linux á última
mércores, 10 de xuño do 2009
Os partidarios
dos sistemas operativos de código aberto non só teñen a Ubuntu coma referente,
senón que cada vez tenden a mirar con bos ollos a Fedora, unha distribución de
Linux que cada vez é máis atractiva e que na súa versión 11 incorpora
por defecto o sistema de ficheiros ext4 (que mellora o rendemento e
a integridade dos datos almacenados), ten un tempo de arranque realmente corto
(o menú de entrada cárgase nuns 20 segundos) e tamén incorpora as últimas
versións de GNOME, KDE, XFCE, Firefox e Thunderbird.
Fedora 11 tamén
incorpora Presto (un engadido que optimiza as descargas de actualizacións),
Openchange (para interoperar con Microsoft Exchange) e novas melloras de
seguridade.
