Feliz 2016!
xoves, 31 de decembro do 2015
Un ano máis que chega á súa fin, tempo no que tivemos a
fortuna de poder informar puntualmente de numerosas novas do ámbito tecnolóxico
que confirma a consolidación de soños como a banda larga móbil e fixa, o pulo
do vÃdeo baixo demanda, a emerxencia de modas ao redor de distintos produtos
tecnolóxicos (que este ano recaeu en smartwatches, drons e hoverboards) e a creación de novas iniciativas que xorden da nosa
terra e aspiran a superar barreiras.
A nosa lingua e cultura tamén viviron o seu primeiro ano cun dominio de seu na
Internet, os plans de modernización tecnolóxica de Galicia ampliaron o seu
marco até o ano 2020 (para que non perdamos o tren da banda larga), e
finalmente vemos como están a piques de rematar os bailes de frecuencias da TDT
para contribuÃr ao avance da telefonÃa móbil 4G (que tamén supón unha grande
esperanza para localizacións sen boas infraestruturas de banda larga fixa).
Chega entón o momento, tras botar a vista atrás, encarar o futuro con ilusión e
esperanza, esperando que o ano que entra achegue tantas novas como o anterior,
e que sexan en beneficio de todos. Desexamos asà que a nosa audiencia goce do
que restan de festas e teñan unha boa entrada de ano. Feliz 2016!