Ferrol forma á poboación migrante en tecnoloxías da información
martes, 23 de marzo do 2021
O
Concello de Ferrol iniciou esta semana un programa de obradoiros e
tecnoloxías da información para romper barreiras de
inclusión. Máis polo miúdo, trátase dunha axenda de actividades
formativas para favorecer a integración do colectivo migrante da
cidade. O
programa Acompáñote na túa viaxe, que arrincou este 22 de
marzo, vén da man da Concellería de Benestar Social que dirixe Eva
Martínez Montero. Rematará no mes de xuño e desenvolverase en
colaboración coa asociación Mobilidade Humana.
A
iniciativa ten a súa orixe nunha enquisa desenvolvida pola entidade
que guindou datos preocupantes sobre a importante fenda dixital que
afecta ao colectivo migrante de Ferrol. Datos como o feito de que
preto dun terzo desta persoas non teña computador, o que case a
metade descoñeza o certificado dixital e as súas utilidades, ou que
o 56 % non saiba solicitar cita online para o padrón.
A
concelleira explicou que a estes datos súmase “o aumento da brecha
dixital que quedou patente con motivo da pandemia, posto que agora
moitos dos trámites que debemos facer na nosa vida diaria teñen que
ser telemáticos”, polo que desde o Concello “consideramos
importante ofrecer talleres para, por unha banda proporcionar
formación en TIC, algo fundamental hoxe en día, e
por outra, ofrecer asesoramento e tamén medios, como computadores e
accesos Wi-Fi, para levar a cabo as súas propias xestión”.
O
programa comeza o luns, rematará o 22 de xuño e desenvolverase nas
dependencias municipais da Casa Solidaria e en centros cívicos da
cidade.