Fixan unha compensación para os usuarios prexudicados polo Antennagate
luns, 20 de febreiro do 2012
- A colocación dun protector de goma no iPhone 4 solucionaba os seus problemas de recepción
A chegada ao mercado do iPhone 4 veu acompañada por unha
polémica coñecida como Antennagate e
que xiraba ao redor de problemas de recepción nos terminais por mor do deseño
da súa antena, o que inicialmente Apple solucionou ofrecendo un protector de
goma para o móbil de balde, o que parece non ter convencido ao varios cidadáns
norteamericanos que levaron o caso ante a Xustiza, concluÃndose finalmente que
os reclamantes poderán ter ou un
dos protectores aos que rexeitaron inicialmente ou 15 dólares en compensación.
O iPhone 4S non presenta os problemas de recepción de antena, e dado que os
fallos co iPhone 4 só tiveron repercusións serias para un número moi limitado
de consumidores (en Europa os problemas de recepción considerábanse
insignificantes), temos que esta polémica foi moi esaxerada. Cómpre destacar
que só
poderán aproveitar o reembolso de 15 dólares (ou un bumper de balde) os que rexeitaran inicialmente a compensación
ofrecida por Apple.