Flickr incorpora o vídeo ao seu servizo web

mércores, 9 de abril do 2008 Marcus Fernández

O popular servizo de hospedaxe de imaxes Flickr, en atención á demanda dos seus usuarios afeitos a volcar as súas fotografías dixitais á Internet, incorpora o vídeo á súa web, pero este cambio non supón unha ameaza para YouTube e outras plataformas de vídeo na Internet, pois está pensado para pequenos cortes gravados directamente con cámaras fotográficas dixitais, de xeito que non soporta contidos de máis de 90 segundos de duración (de subirse ao sistema un vídeo de máis duración só se reproduciría o seu comezo) e polo momento tampouco permite incrustar os vídeos noutras páxinas web.
Esta nova prestación incorporouse nos últimos días con certo secretismo, e agora está accesible para os usuarios de pago de Flickr, que parecían demandar este tipo de fotografías extensas. Dende Flickr advirten de que os contidos de vídeo que se poderán cargar ao seu sistema deben corresponder a gravacións dos propios usuarios e, de detectar material sospeitoso o eliminarán.

PUBLICIDADE