Fraude suplantando á Axencia Tributaria por correo electrónico
mércores, 2 de setembro do 2009
- A mensaxe recibida por e-mail inclúe unha ligazón á unha páxina web que imita á da Axencia Tributaria
A Axencia Tributaria advertiu
hoxe de que nos últimos dÃas circulan pola Rede unha serie de mensaxes por
correo electrónico que suplantan a identidade do ente (aparecen remitidas
polo enderezo impuestos@aeat.es) para facer referencia a unha suposta
devolución de impostos á que haberÃa que acceder dende unha páxina web falsa na
que piden os datos dunha tarxeta de crédito do beneficiario con clara intención
de facerse con tal información para un posterior uso fraudulento da mesma,
aÃnda que só picarÃan nesta astucia
os usuarios que conten cun navegador web sen actualizar (o que practicamente
estarÃa limitado ao Internet Explorer 6) xa que no resto de casos son moitas as
advertencias que aparecen identificando a páxina web falsa coma fraudulenta.
Cómpre destacar que a Axencia Tributaria nunca solicita información
confidencial, números de conta ou números de tarxeta de crédito por correo
electrónico, de xeito que os usuarios deben desconfiar sempre que reciban
solicitudes de información desta Ãndole a través da Internet.
Neste momento parece que a páxina web á que remitÃase ás vÃtimas deste phishing deixou de estar operativa, o
que poderÃa estar provocado polas medidas tomadas por parte das autoridades
pertinentes para evitar estafas deste tipo, que desta volta foi magnificada por
suplantar a un organismo público en vez de a unha entidade bancaria.
- A meirande parte dos navegadores web advÃrtenos do perigo da páxina web que suplanta á Axencia Tributaria