GALPon imparte na Universidade de Vigo un obradoiro de introdución ao software libre
xoves, 31 de xaneiro do 2013
O colectivo GALPon,
comprometido coa difusión e promoción dos programas abertos na nosa
terra, vai impartir os vindeiros días unha actividade formativa para
permitirnos coller a rendas do código aberto. Ou sexa, para coñecer
ben en que consiste, que vantaxes pon e xogo, que recursos concretos
achega esta filosofía-opción de traballo en desenvolvemento e que
posibilidades de emprendemento nos pon ao alcance da man. A
actividade vén da man do Vicerreitorado de Extensión Universitaria
e Estudantes da Universidade de Vigo, e preséntase baixo o epígrafe
Introdución
ao Software Libre e GNU/Linux.
Este obradoiro insírese na programación de obradoiros do 2º
cuadrimestre do curso 2012-2013 da Universidade. A actividade
desenvolverase neste ano académico, dende o vindeiro 18 de febreiro
ata o 17 de abril. O seu obxectivo, en detalle, é levarnos da man
cara a un emprego e administración básicos en sistemas operativos e
aplicacións en plataformas GNU/Linux: navegadores, editores,
mensaxería, correo e outras ferramentas. Desenvolverase no Campus de
Vigo, na sede da Escola de Enxeñería de Telecomunicación,
contándose cun máximo de 17 prazas.
Índice do obradoiro:
-
Introdución histórica.
-
Que é un sistema operativo? e que
é GNU/Linux?
-
Software Libre.
-
Vantaxes e inconvenientes
-
Que é unha distribución?
Características dalgunhas delas.
-
Instalación de sistemas
operativos de Software Libre baseado en GNU/Linux.
-
Os xestores de xanelas e de
ficheiros, cal escoller.
-
Engadir e quitar aplicativos.
-
Navegadores e a súa
configuración.
-
Editores multimedia.
-
Mensaxería instantánea.
-
Correo electrónico.
-
Procesadores de texto, follas de
cálculo, presentacións.
-
Outras ferramentas de uso cotián
-
Administración do propio sistema
de ficheiros.
-
O terminal, a máis potente ferramenta de administración.
