GALPon organiza o 25 de outubro unha mapping party en Vigo
xoves, 9 de outubro do 2014
O vindeiro sábado 25 de outubro terá lugar en Vigo
unha festa aberta de mapeo colectivo, ou sexa, un encontro
para seareiros do software libre e do inventariado xeográfico que se
xuntan para cartografar un emprazamento en concreto coma se fose (e
de feito é) unha comunidade de programación aberta: ou sexa
colaborando en man común. A actividade en cuestión (unha mapping
party do proxecto OpenStreetMap)
vén da man de GALPon e conta
coa colaboración de Xeoinquedos.
InsÃrese no programa de accións dos Sábados
Libres na Altamar.
Ao longo desta xeira de traballo colectivo fixada
para o dÃa 25 está previsto que os participantes percorran sectores
previamente asignados facendo un levantamento de toda a información
relevante que pode ser incluÃda no mapa: nomes de rúas, números
dos portais, sentidos da circulación, establecementos ou edificios
públicos. A xornada, que servirá para compartir múltiples
experiencias arredor do cartografado dixital e a programación libre,
dará comezo arredor das 10.00 horas na Residencia Altamar. Os
asistentes deberán acudir con GPS e cámara de fotos dixital, amais
do computador persoal de seu (que se poderá deixar na residencia).
Poderase seguir toda a información do evento a través do sitio
de seu no G+. Esta actividade, asà como o ciclo de Sábados
Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no
marco do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA
para a difusión do software libre e incluÃdas no Plan
de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
