GALPon retoma o dÃa 28 os seus Sábados Libres en Altamar
martes, 17 de setembro do 2013
Os Sábados
Libres da Residencia Altamar, citas sobre programación aberta
ineludibles para quen ande por Vigo e contorna, volven facer
ruÃdo despois do verán coa súa terceira convocatoria. Lembrar
que estas xeiras de divulgación, emprazadas no dito albergue
xuvenil, veñen da man de GALPon e contan co apoio do colectivo
ligado ao dito espazo para a mocidade: a asociación Altamar. A
terceira edición das xornadas celebrarase este 28 de setembro,
dándose ademais a feliz (e interesante) circunstancia de coincidir
co 30 aniversario de
GNU, cousa que GALPon terá moi en conta para organizar o curso
Vim+Bash, iniciación á programación con bash scripting.
Durante a mañá, o curso incluirá unha introdución
a Vim, o editor de ficheiros de texto que, segundo informa a
organización, amosa unha gran flexibilidade á hora de escribir
scripts. Xa despois do xantar, os responsables da xornada
introducirán aos participantes en programación con Bash, o
intérprete de ordes predeterminado da maiorÃa de distribucións
GNU/Linux, informa GALPon.
Lembrar que a asistencia a esta xornada é de balde
e está aberta ao público en xeral, achegándose o único requisito
de formalizar unha inscrición en liña, co fin de evitar problemas
de aforo.
Damos conta a continuación da programación
completa do evento:
·Primeiro bloque (mañá): Iniciación a Vim
Interface modal
Ordes de desprazamento
Ordes de manipulación de texto
Usando o sistema de axuda
Xanelas e búferes
Configuración
Engadidos
· Segundo bloque (tarde): Iniciación a Bash.
Definición e asignación de variables
Estruturas de control «case», «if», «select»
Bucles «for», «while» e «until»
funcións, ...
