GC pon en marcha un portal específico sobre o emprendemento e a innovación da nosa terra
xoves, 19 de febreiro do 2015
Galicia
Confidencial, canle galega de comunicación independente, vén de pór
en marcha un portal especializado nas cuestións do empredemento e a
innovación, case sempre ligadas entre si e case sempre vencelladas
estreitamente ao ámbito que nos ocupa: as novas tecnoloxías. A nova
canle temática chámase GCEmprende
e funciona, sinalan fontes de GC, como un suplemento da cabeceira
principal. Máis en detalle, o seu obxectivo é “informar polo
miúdo das novas oportunidades empresariais e os éxitos xa logrados
por compañías galegas”.
A
intención, tamén, é que teña unha vertente práctica, ao xeito
dun manual de emprendemento e de busca de novos mercados. De feito,
fornecerase información sobre “como lanzar unha empresa, exportar
e innovar no país”.
O
novo portal conta con financiamento do Ministerio de Industria,
Enerxía e Turismo; da Deputación de Lugo e da Unión Europea a
través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
“GCEmprende”,
sinalan
dende Galicia Confidencial,
“abordará tamén cuestións de tipo macroeconómico de Galicia e
publicará entrevistas cos principais axentes do sector”.