GHANDALF introducirá ao COIIG no software libre cunha charla
xoves, 29 de outubro do 2009
A Asociación GHANDALF (GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss) realizará
este venres no Colexio de
Enxeñeiros Industriais de Galicia, delegación de Vigo de 19:00 a 21:00h
unha charla
de Introdución ó Software Libre e ó Sistema Operativo Ubuntu.
Durante a sesión, tratarase de que os asistentes comprendan o concepto do
Software Libre asà como de amosar o uso e estado do Software Libre no
escritorio practicando co sistema operativo Ubuntu.
Repartirán o relatorio nos seguintes apartados:
Introdución
• Qué é o Software Libre?
• Por qué é útil para empresas, administracións e usuarios?
• Proxectos de Software Libre:
o Nokia e Maemo
o A Generalitat Valenciana e GvSIG
o Linux e a comunidade que ten ó seu arredor
Módulos de Uso do Sistema
Básico (uso ofimático)
• Primeira Vista do Sistema
• Instalación de programas
• Conceto de escritorios
• Multimedia, Internet
• OpenOffice
Avanzado
• Virtualización e uso de varios sistemas.
• Compartición de recursos entre diferentes sistemas operativos
• Sincronización e backups.
• Uso de consola e automatización de tarefas.
• Caso especÃfico: uso de GIS