Galicia participa por primeira vez no padroado de CENATIC
mércores, 22 de xuño do 2011
A secretaria xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, Mar Pereira, asistiu hoxe en Madrid
ao padroado da Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en
fontes abertas CENATIC, no que supón a primeira
participación de Galicia tras a súa adhesión a esta Fundación o pasado mes de marzo. A Fundación CENATIC ten como obxectivo xeral «promover
o coñecemento e difusión do software baseado en fontes abertas na
Administración e nos diferentes sectores de actividade».
Entre outras cuestións, na xuntanza de hoxe presentarase
para a súa aprobación o Plan Xeral de Acción 2012-2014 e o Plan Anual de
Actuación 2012 enmarcado no anterior. Este último documento programa engloba as accións de prestación de servizos de
asesoramento que a Fundación presta a outras Comunidades Autónomas sobre
adquisición, liberación e creación de comunidades para aplicacións de fontes.
No ámbito das
administracións públicas, a Fundación facilÃtalles a adquisición de
software de fontes abertas asà coo
asesoramento na súa liberación e axuda a creación de comunidades en torno aos
seus proxectos. No caso das asociacións de usuarios de software libre e as
comunidades de desenvolvemento, CENATIC apoia as súas actuacións de promoción
do software libre asà como trasladando aos autores as melloras nas súas
aplicacións.
O terceiro ámbito de actuación son as
empresas TIC, ás que CENATIC asesora
para incrementar e mellorar a
oferta de produtos e servizos baseados en software de fontes abertas, asà como
achegando información sectorial de calidade para a toma de decisións.
Galicia
no CENATIC
Coa integración
da Xunta en CENATIC o pasado mes de marzo, o Goberno galego conseguiu que a
Comunidade teña voz e voto na entidade que toma as decisións estratéxicas para
o fomento do software libre a nivel estatal. Pertencer ao padroado de CENATIC
axudará a impulsar o sector empresarial TIC autonómico xa que facilitará a difusión
nacional e internacional das propostas e ofertas das empresas galegas e a
procura de sinerxÃas e socios con empresas doutras autonomÃas.
Ademais reportará beneficios xerais inmediatos ao
permitir participar dun xeito máis fluÃdo en iniciativas promovidas a nivel
estatal e mellorar a colaboración coas comunidades autónomas e a Administración
xeral do estado para a compartir e reutilizar o código liberado. Tamén permitirá dun servizo de
asesoramento sobre aspectos xurÃdicos, tecnolóxicos e metodolóxicos en materia
de FLOSS.
