Gemini limita o acceso a Nano Banana Pro aos usuarios de balde
venres, 28 de novembro do 2025
A presentación de Nano Banana Pro, modelo gráfico baseado en Gemini 3 Pro, está a levar á repetición do fenómeno que supuxo a presentación da primeira versión de Nano Banana, xa que o sistema deu un salto de calidade impresionante, non só creando imaxes máis realistas e con máis detalles, senón tamén facilitando a posibilidade de crear infografÃas e diagramas (que incluso poden beber de datos en liña) con textos creados con maior precisión.
Temos aà que Nano Banana Pro xa non é só unha utilidade que facilita a restauración de vellas fotografÃas ou a creación de imaxes divertidas, senón que ten importantes aplicacións de grande utilidade para a creación de contidos.
Tal está a ser o éxito da nova versión do xerador de imaxes de Gemini, que Google tivo que limitar aÃnda máis o seu uso para os usuarios de balde, pasando de 3 a 2 imaxes ao dÃa (mentres que os usuarios dunha subscrición Pro poden xerar un cento de imaxes, e os dunha subscrición Ultra poden crear un milleiro).
Os que queiran empregar o novo modelo de Gemini (Pensamento con 3 Pro) tamén están a atopar restricións, aÃnda que neste caso os lÃmites son dinámicos en función do nivel de uso de cada momento.
Google tamén eliminou o uso de Nano Banana Pro en NotebookLM para os usuarios de balde, mentres que os usuarios Pro teñen algunhas limitacións en función da demanda do modelo.
Cómpre lembrar que este tipo de lÃmites son habituais no lanzamento deste tipo de ferramentas, e en poucas semanas deberÃa normalizarse tanto a demanda como a capacidade técnica para atendela.
