Gentoo Linux celebra o seu 10º aniversario cun LiveDVD especial

martes, 6 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Para celebrar o seu décimo aniversario o Gentoo Linux estrea un LiveDVD edición especial que pode descargarse en distintas versións que ocupan uns 2,5 Gb cada unha, e que inclúen o Linux Kernel 2.6.30 xunto con moitos outros paquetes coma KDE 4.3.1, GNOME 2.26.3, Xfce 4.6.1, OpenOffice 3.1.1, GIMP 2.6.4, Abiword 2.6.4, Mozilla Firefox 3.5.3, Opera 10.0, Pidgin 2.5.9, Mozilla Thunderbird 2.0.23, Mplayer 1.0_rc4, Blender 2.49a e moitos outros, que virán acompañados dunha serie de fondos de pantalla conmemorativos da primeira década de vida desta importante distribución de Linux.