Gmail incorpora sinaturas de texto enriquecido
luns, 12 de xullo do 2010
- Con esta nova funcionalidade de Gmail poderemos incorporar sinaturas personalizadas con gráficos de xeito automatizado
Corrixindo unha das súas eivas históricas, Google vén de mellorar o sistema
de sinaturas nos correos electrónicos a través de Gmail, de xeito que xa non
temos que asinar as nosas mensaxes con texto plano, senón que podemos empregar
texto enriquecido, o que permite tanto xogar con tipografÃas coma
incorporar imaxes (sempre que estean publicadas na web a través dun enderezo
público) ou ligazóns.
Amais, esta funcionalidade non estará limitada á conta de correo baixo
@gmail.com, senón que se un usuario xestiona varios enderezos de correo
electrónico a través de Gmail, poderá definir sinaturas diferentes para cada un.
Esta novidades está dispoñible polo momento só a través da versión web
principal do servizo, de xeito que se accedemos á súa versión de HTML básico ou
móbil teremos que conformarnos coas sinaturas de texto plano.