Google Chrome xa engaiola a máis da metade dos internautas españois
martes, 6 de maio do 2014
Ao navegador de Google
semella que lle vai ben, mellor do que pensabamos. De feito, xa non é
só que Google Chrome estea por riba dos seus competidores directos,
é que supera a cota de Firefox e Internet Explorer xuntos, que
sumando forzas fican un pouco por enriba do 40%. Polo tanto e para
que se entenda, o navegador de Google xa ten algo máis da metade do
pastel en España por volume de usuarios. Máis polo miúdo e
segundo cifras de StatCounter Global Stats, no pasado mes de
abril o Chrome foi usado polo 50,15 % dos usuarios, aumentando nun 1
% a cota de mercado do anterior mes (49,15 %).
Firefox e Internet
Explorer, pola súa parte, perden cada vez máis forza no seu
tirapuxa coa ferramenta de Google, aÃnda que cómpre sinalar que o
navegador de Mozilla foi quen de situarse moi por diante das
diferentes versións de Microsoft sumando forzas.
Por outra banda, nas
estatÃsticas de StatCounter Global Stats tamén se reflicte que o
panorama repÃtese en dispositivos móbiles, onde a criatura de
Google tamén impera. En dispositivos de escritorio e móbiles
(smartphones e tablets), Chrome abrangue 43,56 % do
total e incrementa nun 1,25 % a súa cota con respecto a marzo. O
emprego de Firefox, pola súa banda, cae até o 16,75 %.