Google Maps suxerirá as rutas máis ecolóxicas
mércores, 7 de setembro do 2022
Os mapas de Google contan con numerosas opcións para establecer
rutas en distintos medios de transporte, e aínda que o máis habitual sexa
indicar a ruta máis rápida, están
a engadir en Europa a posibilidade de elixir a ruta máis ecolóxica, ou
sexa, a que minimiza o consumo de combustible, opción moi interesante para os
que queiran reducir as súas emisións de carbono pero tamén os que queiran
coidar da súa economía persoal, xa que conséguese un importante aforro en
carburante.
Os usuarios poderemos marcar se queremos que se nos indiquen as rutas ecolóxicas,
para o que é preciso que indiquemos o tipo de motor do noso vehículo, xa que o
sistema ten en conta que os motores diésel son máis eficientes a velocidades de
autopista que os de gasolina ou gas, mentres que os híbridos e eléctricos teñen
un mellor comportamento no tráfico urbano, coas súas constantes paradas e
arranques.
Google Maps non só recomendaría as rutas eficientes, senón que incluso achegará
unha estimación precisa da eficiencia de consumo. Aseguran que dende que incorporaron
esta función nos EE.UU. e Canadá contribuíron a evitar máis de medio millón de
toneladas de emisións de carbono.