Google celebra o 47º aniversario do código de barras
mércores, 7 de outubro do 2009
Os usuarios que hoxe visitas Google atopan como o logotipo do buscador de
Internet foi substituÃdo por un código de barras, e temos que advertir que non
é debido a que estean a celebrar o 8º aniversario de Código Cero, senón que celebran
o 57º aniversario da primeira patente dos códigos de barras, que
foran inventados por Norman Woodland e Bernard Silver e presentados ante a
oficina de patentes en outubro de 1949, aÃnda que non foi ata o 7 de outubro de
1952 cando foi recoñecida como a patente nº 2.612.994.
O primeiro tipo de códigos de barras era circular, pero existen moitas
variedades, sendo o amosado por Google o que utiliza codificación Code 128, que é a estándar para carácteres
ASCII, e precisamente
almacena a mensaxe de texto «Google»,
pasando a engrosar a inmensa
colección de logotipos conmemorativos de Google.
- O logotipo conmemorativo tamén está presente nos resultados de busca