Google continúa a mellorar os seus servizos cartográficos

mércores, 6 de xuño do 2012 Marcus Fernández

O Google Street View Trekker permite captar imaxes de 360 graos de lugares aos que non podería chegar un automóbil

Os mapas de Google son un claro referente na web e en numerosos dispositivos móbiles, pero non queren estancarse, polo que están a traballar na súa mellora, adiantando varios dos seus futuros avances no blog oficial da compañía, e o panorama resulta moi prometedor.
Por unha banda temos que tras o uso de coches, triciclos e outra sorte de vehículos para captar imaxes para Google Street View, agora poderán chegar a calquera lugar a onde poidan chegar alguén a pé grazas a Trekker, un sistema de captación de imaxes que cabe nunha mochila e que permitirá fotografía paraxes naturais e moitos outros lugares aos que só é posible chegar andando.
O servizo de mapas tamén gañará en precisión e usabilidade, actualización a súa aplicación móbil para Android nas vindeiras semanas para incorporar a posibilidade de acceder aos mapas cando esteamos fóra de liña, e van procurar que dende a versión móbil de Google Earth estean dispoñibles modelados 3D de áreas metropolitanas enteiras, para o que partirán de imaxes aéreas de 45 graos que antes de rematar o ano cubriría ás cidades de máis de 300.000 habitantes.


A versión móbil de Google Earth permitiranos ver impresionantes imaxes 3D das contornas urbanas

PUBLICIDADE