Google maniféstase en favor do matrimonio gay

luns, 29 de setembro do 2008 Raquel Noya

Son moitas as empresas que ata o de agora se teñen manifestado contrarias ao proxecto de lei que pretende prohibir o casamento entre persoas do mesmo sexo en California.
Levi´s, Pepsi, AT&T son algunhas das compañías que xa fixeron pública a súa postura en favor do matrimonio gay, ás que se une Google, que vén de comunicar a súa aprobación do matrimonio entre iguais a través do blog do seu co-fundador, Sergey Brin, que tamén convocou aos habitantes de California a manifestarse contra a Proposición 8 que prohibe o matrimonio entre persoas homosexuais.
Sergey afirma que nunca antes se manifestara sobre asuntos que non tiñan que ver directamente cos seus negocios, máis neste caso, asegura que de terse aprobado a proposta de lei, “afectaríalle negativamente a moitos dos empregados da súa empresa”, co que é algo que non ten que suceder.

PUBLICIDADE