Google poderÃa estar a producir tablets que ven en tres dimensións
venres, 23 de maio do 2014
En febreiro comentamos que Google estaba a
desenvolver un proxecto chamado Tango no que aproveitarÃan smartphones
dotados cunha serie de sensores 3D para permitir o modelado do contorno, de
xeito que crearÃa completos mapas do interior de edificios, e agora as páxinas
do The Wall Street Journal recollen que esta iniciativa de visión avanzada
dende dispositivos móbiles poderÃa dar o salto aos tablets, prevendo a compañÃa
producir
uns 4.000 prototipos con pantallas de 7 polgadas, dúas cámaras traseiras,
sensor de infravermellos e software avanzado que poderÃan realizar capturas
tridimensionais.
Ao parecer estes tablets distribuirÃanse no evento para desenvolvedores Google
I/O que terá lugar no mes de xuño, o que facilitarÃa que nos vindeiros meses
houbese máis profesionais podendo explorar o potencial desta tecnoloxÃa que
poderÃa ter múltiples usos que irÃan dende a dixitalización de interiores ata
os videoxogos, pasando por solucións que sirvan para guiar a persoas con
deficiencias visuais.
- Os sistemas de visión avanzada en 3D poderÃan ser de grande utilidade para guiar a invidentes
VÃdeo de presentación do proxecto Tango