Gradiant impulsa un laboratorio 5G para a modernización das nosas empresas
mércores, 23 de decembro do 2020
O
Centro
Tecnolóxico Gradiant impulsa un laboratorio 5G para facilitar a
transformación da nosa industria e o noso sector primario.
Trátase do centro de traballo e desenvolvemento XoIA-5G,
destinado, en palabra de Gradiant, “a poñer as tecnoloxías de
Intelixencia Artificial e 5G ao alcance das empresas”. A
iniciativa, pioneira na nosa terra, conta co apoio da Axencia Galega
de Innovación e FEDER. Ao seu abeiro, crearanse aplicacións,
produtos e servizos innovadores para o tecido produtivo galego.
Un
dos piares do proxecto é tirar o máximo proveito das posibilidades
que se abren co estándar 5G, unha tecnoloxía que terá “un gran
impacto nas persoas máis aló do cambio na banda larga móbil,
favorecendo a creación de Cidades Intelixentes e a presenza de
coches autónomos, impulsando a innovación en sectores tan críticos
como a sanidade, a agricultura ou a educación”, explica Gradiant,
engadindo que XoIA situará ao tecido empresarial de Galicia á
vangarda da I+D internacional no ámbito das tecnoloxías
habilitadoras 5G a través de actividades para favorecer a
participación en proxectos e programas de I+D internacionais. Amais,
mellorará os servizos que as empresas poidan ofrecer aos seus
clientes, así como facilitarlles o acceso a servizos especializados
de I+D+i e impulsar ensaios experimentais e probas de concepto ou
actividades de formación.
Para
impulsar esta vocación de mercado, o proxecto inclúe un plan de
explotación, ao abeiro do cal recóllense accións específicas
tanto para a mellora da excelencia do centro tecnolóxico, como para
a oferta de servizos innovadores e altamente especializados ao tecido
produtivo.
XoIA-5G
estará localizado nas instalacións de Gradiant e, como dixemos,
conta co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a
co-financiación do Programa Operativo FEDER 2014-2020 da Unión
Europea, co obxectivo de potenciar a investigación, o
desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.