HortiHouse trunfa no HackForGood Big Day 2023
luns, 25 de setembro do 2023- Nicolás Oriol (Telefónica España) entrega o premio a MarÃa Cabrero e Jesús Valverde.
O
gañador dos Premios HackForGood Big Day 2023 foi o proxecto HortiHouse,
ideado polos alumnos da Universidade de Vigo MarÃa Cabrero e Jesús Valverde,
que permite xestionar invernadoiros intelixentes na contorna do fogar. Trátase
dunha aplicación que controla todos os parámetros e dispón de programas
especÃficos para desenvolver correctamente os cultivos nas súas diferentes
fases de maduración. Grazas ao gañar o primeiro premio no VIII Hackathon de
HackForGood, Hortihouse tivo a oportunidade de competir na edición nacional,
onde participaron os proxectos gañadores de 26 universidades españolas.
O segundo premio
foi para Depresu, da Universidade de Castela-A Mancha, plataforma dixital
accesible para mellorar a saúde mental das persoas, mentres o terceiro
correspondeu a E-Lab, da Universidade de Salamanca, proxecto que brinda
experiencias que esperten a curiosidade e consoliden o coñecemento, convertendo
o proceso de aprendizaxe nunha experiencia inmersiva, interactiva e
inspiradora.
Os equipos
defenderon os seus proxectos, segundo establecÃan as bases, nun elevator pitch,
unha presentación en público e a proxección dun vÃdeo resumen das súas
iniciativas, que se celebrou o pasado venres. Para a valoración final, a
presentación supuxo un 60% e o Business Plan, que debÃa enviarse previamente, o
40%.
A dotación dos
tres premios é de 5.500, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente. Ademais, os tres
equipos gañadores terán unha participación e visibilidade especial nos actos da
Rede de Cátedras Telefónica dentro do Centenario de Telefónica, que se
celebrará en 2024.
Con estes premios
culmina a oitava edición do hackathon HackForGood, organizado pola Rede de
Cátedras Telefónica e que este ano congregou a máis de 1.000 mozos (alumnos de
universidades da Rede de Cátedras e de Campus 42) que se enfrontaron a un
centenar de retos tecnolóxicos con fins sociais.
Na entrega de
premios participaron Nicolás Oriol, secretario xeral e director de Regulación
de Telefónica España; Antonio Bengoa, director de Relacións Institucionais de
Telefónica España; e Inés Temes, directora de 42 España.