Huawei presenta unha nova pulseira deportiva con notificacións
venres, 13 de maio do 2016
Os monitores de actividade son uns produto que parecían
terse estancado tras a saturación do mercado de numerosas pulseiras que
rexistraban a nosa actividade física, pero hai fabricantes que continúan a
saber renovarse mantendo prezos agresivos, e así temos como este mesmo mes
sairá á venda a Honor Band A1.
Falamos dun trebello con corpo metálico e correa de silicona ou de coiro,
dispoñible en varias cores, que pode rexistrar a distancia que camiñamos, as
calorías que consumimos e incluso a calidade do noso sono. Só pesa 20 gramos e ten resistencia IP57 para o po e a auga (ou
sexa, que sería resistente á auga, pero no somerxible) e tamén permite recibir
notificacións, tanto mediante vibración como mediante unha luz LED, de xeito
que facilitará que non perdamos unha chamada ou unha mensaxe en función de como
configuremos a pulseira que integra unha batería recargable de 70 mAh que pode
recargarse por micro-USB e achega unha autonomía de até 28 días. En vez de incorporar monitor cardíaco como outras pulseiras, a Band A1 opta por un sensor de raios ultravioleta, o que axudaranos no verán para saber cando debemos de volver á sombra para non prexudicar á nosa pel.
O mellor de
todo é que este produto sairá inicialmente na China a un prezo de só 99 iuans
(13,40 euros) no modelo con correa de silicona, e de 199 iuans (26,94 euros)
con correa de coiro, prezos bastante atractivos que agradecerán os que busquen
un accesorio que os alerte das notificacións do seu smartphone, pero sen ter
que dar o salto a un smartwatch.
- A pulseira estará dispoñible en distintas cores
Vídeo promocional da Honor Band A1