Igaciencia lanza a edición 2023-2024 do seu Concurso de Drons
martes, 29 de agosto do 2023
A
iniciativa galega de divulgación científico-tecnolóxica Igaciencia
e o Concello da Coruña achegaron
os detalles da edición 2023-2024 do seu Concurso de Drons, que
inclúe sesións de formación e de familiarización no manexo de
vehículos aéreos non tripulados para posteriormente participar no
certame. O obxectivo é “propiciar a introdución na aula dunha
tecnoloxía nova e motivadora e de alcanzar obxectivos educativos a
través do manexo e programación de Droneblocks do dron Tello”.
Poderán participar centros educativos de calquera concello. O
concurso vai dirixido a alumnado de 1º a 3º de ESO (primeira
categoría) e de 4º de ESO, BACH e FP de grao medio (segunda
categoría).
Terán
preferencia os centros inscritos no Obradoiro e Concurso de
Robótica e os centros que non tiveron experiencias previas con
drons, xa que se pretende facilitar a introdución desta tecnoloxía
na aula.
As
sesións realizaranse en dúas tardes pendentes de concretar, na
semana do 23 ao 27 de outubro, en dúas quendas, de 16.30 a 18.00 h e
de 18.15 a 19.45 h. Concederanse premios de 100 €, un por cada
categoría e outro ao centro mellor clasificado do Concello da
Coruña.
Obxectivos
concretos
-Desenvolver
o pensamento computacional, incorporando o potencial do razoamento
lóxico (eventos, secuencias, bucles, variábeis, funcións,
condicionais...), como sistema de resolución de problemas.
-Desenvolver
o pensamento crítico, a comunicación e o deseño colaborativo.
-Mellorar
a orientación e visualización espacial.
Os
centros interesados en participar deberán facelo do 15/09/2023 ao
15/10/2023 a través da ficha de solicitude xeral. Posteriormente,
deben cubrir a ficha de solicitude específica na
páxina de Igaciencia.