Igalia desenvolve un lector de correo electrónico para os Nokia N800/N810
mércores, 12 de decembro do 2007
A aplicación cliente de correo Modest xa está dispoñible para a súa
descarga para equipos co sistema operativo OS2008/Chinook, ou sexa, para
funcionar nos dispositivos Nokia N800 e N810, de xeito que os usuarios destes
interesantes trebellos que levan a Internet á palma da man poden probar o lector de e-mail desenvolvido por
Igalia que permite descargar mensaxes de contas tanto POP coma IMAP, polo
que é unha solución moi atractiva para acceder ó correo de GMail dende os
Internet Tablets de Nokia.
Modest é unha aplicación código aberto baseada en Tinymail, pensada para
funcionar en dispositivos de poucas prestacións, optimizando os recursos ó máximo.
Tamén destaca por ser asÃncrono (a interface de usuario segue a funcionar
mentres o Tinymail funciona en background),
doado de configurar, operativo tanto
con pluma como cos dedos e mesmo tamén é unha aplicación de escritorio.
Co lanzamento da versión de proba de Modest concrétase a colaboración de Nokia
coa empresa coruñesa Igalia iniciada en outubro de 2006, e ante a satisfactoria
experiencia dende Igalia procurarán continuar a traballar con Nokia no futuro,
asà como contribuÃr á plataforma Maemo (empregada polo OS2008).
