Industria ofrecerá 200.000 lectores de DNIe nos centros comerciais de Carrefour
mércores, 23 de decembro do 2009
O DNI electrónico está cada vez máis espallado entre a poboación español (chegando
xa a máis de 13 millóns de cidadáns), pero o uso das súas prestacións avanzadas
está limitado a un grupo moi reducido de usuarios, de aà que o Ministerio de
Industria lanzase distintas iniciativas promocionais, entre as que está o
reparto de lectores de DNIe de balde, que durante os últimos meses
desenvolveuse a través da Internet en colaboración con distintos medios coma
Código Cero, e que finalmente tamén terá unha contrapartida no mundo real,
posto que dende
hoxe mesmo distribuirán de balde máis de 200.000 packs que inclúen o
mencionado lector e un CD co software necesario para o seu uso en máis de 70 establecementos de
Carrefour.
Esta iniciativa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional (FEDER) e conta coa colaboración de empresas privadas coma Tractis,
Jazztel, Acens e Caixa Galicia.