Innovación presenta un DVD con aplicacións de software libre para a PEME
mércores, 7 de novembro do 2007
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e
Sociedade da Información presentou
en Santiago un DVD con ferramentas informáticas de software libre, de balde
e en galego que pretenden atender as necesidades informáticas das PEME galegas
para o manexo das súas contabilidades, a xestión dos seus recursos, levar a súa
comunicación e facer uso das TIC en galego.
O DVD distribuirase a pequenas e medianas empresas, asà como ás asociacións
empresariais, cámaras de comercio e outros organismos intermedios para dar a
coñecer as vantaxes do uso do software libre nas empresas.
A selección e tradución das aplicacións incluÃdas no DVD foron coordinadas por
Mancomun.org, e supoñen unha oportunidade de negocio para as empresas
tecnolóxicas galegas de desenvolver unha industria informática baseada nos
servizos e nos produtos informáticos propios.
