Instagram e Messenger permiten fusionar as súas mensaxerías
mércores, 30 de setembro do 2020
Non
conformes co anuncio da sincronización de elementos nas configuracións de
Facebook, Instagram e Messenger, hoxe tamén dan conta da actualización
da mensaxería privada dentro de Instagram, que agora intercomunica con
Messenger, para o que tiveron que levar a Instagram características do
Messenger, sendo esta evolución da mensaxería de Instagram totalmente
voluntaria para o usuario.
Deste xeito Instagram ten unha maior utilidade para facilitar a comunicación
interpersoal, e reciben novidades como os autorretratos adhesivos (mestura
entre Boomerang, emoticonas e selfies), a posibilidade de ver
vídeos de IGTV con amigos durante unha videochamada ou a opción de poder marcar
que unha mensaxe desapareza tras a súa lectura.
Tras fusionar as mensaxerías de ambas aplicacións os usuarios poden elixir cal empregan
de xeito principal, de xeito que un usuario de Messenger pode conversar cun de
Instagram sen instalar a segunda aplicación (e viceversa).
A fusión entre a mensaxería de Instagram e a do Messenger están a espallarse
progresivamente por distintos países, polo que pode tardar semanas en estar
dispoñible globalmente.