Instagram enriquece as respostas ás historias
xoves, 6 de xullo do 2017
Aínda
que Facebook introducir o seu concepto de historias tanto en Facebook como en
WhatsApp, a plataforma na que son un auténtico éxito é Instagram, onde están a
converterse nun dos formatos de máis éxito para comunicar, polo que decidiron
potenciala mellorando a interacción ao permitir
que as respostas ás historias podan incorporar fotografías ou vídeos, de
xeito que cando repliquemos a un amigo poderemos incluír dende un selfie até un Boomerang, facendo máis divertida a experiencia.
Para responder cunha fotografía ou vídeo chega con premer o novo botón de
cámara mentres estamos a ver unha historia, o que inicia a cámara de Instagram
para así poder empregar filtros faciais, adhesivos... ou sexa, calquera das
ferramentas creativas desta funcionalidade.
As comunicacións deste tipo estarán accesibles dende o apartado de mensaxes
directa de Instagram, nas que se integrará a historia orixinal para facilitar o
seguimento da conversa.
Esta novidade está xa dispoñible na última versión de Instagram para iOS e
Android.