Instagram permite engadir ligazóns a perfís e cancelos na biografía dos usuarios

mércores, 21 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Unha das características máis curiosas de Instagram é que o servizo non permite introducir ligazóns dentro das descricións das fotografías e vídeos que se comparten, limitando tal funcionalidade ás fichas cos perfís dos usuarios, nos que veñen de integran unha novidade interesante: a posibilidade de incluír na sección de biografía tanto ligazóns a outros perfís como a cancelos.
Esta novidade atende ao feito de que actualmente é posible seguir tanto a contas de usuario como a cancelos, de xeito que os usuarios temos un xeito de ligar outras contas de usuarios coas que teñamos relación dalgún xeito, así como de temáticas cun cancelo de seu que serven así tamén para deixar claro os tipos de contidos cos que un usuario se sinte máis identificado.
Cando un usuario engade unha ligazón a outro usuario na súa biografía, o usuario mencionado pode elixir eliminar a ligazón co seu perfil (canso no que se mantén o texto na biografía, pero eliminando a súa interactividade).

PUBLICIDADE