Investigadores da UDC lideran un proxecto sobre a dixitalización mundial dos medios de pago
mércores, 10 de marzo do 2021
- J.Carles Maixé-Altes e Matilde Massó, investigadores principais do proxecto
Non
só se transforman as empresas, senón tamén o diñeiro e os métodos
de pago, un proceso que se acelerou co inicio da pandemia, agora que
hai máis operacións, trámites, xestións e comunicacións que se
realizan online. As novas facianas da actividade económica
constitúen o ámbito temático no
que se encadra o proxecto internacional de investigación Diñeiro en
Transformación (MONFIN), liderado por profesores da Universidade da
Coruña (UDC): J. Carles Maixé-Altes, catedrático de Historia
Económica e Empresarial da Facultade de EconomÃa e Empresa, e
Matilde Massó, profesora de SocioloxÃa da Facultade de SocioloxÃa.
No
proxecto, amais de investigadores da UDC, tamén traballan expertos
da Universidade de Leeds, do Centro de Investigación e Docencia
Económicas (CIDE) de México e da Newcastle Business School. No seu
conxunto, o proxecto incorpora as contribucións de 12 investigadores
e 4 estudantes de doutoramento que están a desenvolver as súas
teses na liña dos obxectivos do proxecto.
MONFIN
é unha iniciativa multidisciplinar e innovadora que, a partir de
diferentes disciplinas como a economÃa, a socioloxÃa e a historia
económica, axudará a explicar como están a mudar o diñeiro e os
medios de pago, cales son os actores e procesos involucrados nesta
transformación e cales son os seus obxectivos, asà como as
consecuencias sociais en termos de inclusión financeira de familias
e empresas.
En
concreto, avaliaranse cuestións como os ámbitos potencialmente
susceptÃbeis de evolucionar coas TecnoloxÃas da Información e a
Comunicación (as TIC) ou temas de relevancia polÃtica ligados á
relación entre o territorio, o Estado e a soberanÃa monetaria, asÃ
como os procesos sociais relacionados coa confianza no sistema
económico e os intereses en conflito entre os axentes involucrados
na emisión dos medios de pago.
O
proxecto MONFIN analizará o proceso de innovación financeira e os
seus efectos sociais en termos de inclusión ou exclusión de persoas
e empresas no ámbito de España. Os resultados de MONFIN aspiran a
realizar unha nova e sólida contribución á evolución futura do
diñeiro e as súas consecuencias sociais.
Esta
investigación está financiada polo Ministerio de Ciencia e
Innovación, dentro do Programa Estatal de Investigación, Desarrollo
e Innovación Orientada a los Retos de la Sociedad, no marco do Plan
Estatal de Investigación CientÃfica y Técnica y de Innovación
2017-2020.
Investigadores
de MONFIN publican de forma habitual análises sobre
a evolución do diñeiro na páxina web da UDC.