Jack Dorsey presenta unha aplicación para medir a nosa exposición ao sol
luns, 14 de xullo do 2025
O cofundador de Twitter e actual director executivo de Block, Jack Dorsey, semella estar a pasar por un perÃodo creativo, e unha semana despois de anunciar a aplicación de mensaxerÃa descentralizada Bitchat, presenta Sun Day, unha aplicación para os dÃas de sol, que está accesible para a súa descarga para iPhone a través de TestFlight, é que vén a ser un monitor de radiación ultravioleta e unha calculadora de vitamina D.
Estamos ante unha ferramenta que colle os Ãndices de exposición ultravioleta na nosa localización a través de Open-Meteo e, en función desta información, o noso tipo de pel e a nosa roupa, calcula o aporte de vitamina D que nos proporciona estar exposto ao sol. Tamén achega información das fases da lúa e das horas de orto e ocaso. A información desta aplicación pode consultarse a través de cómodos widgets e tamén se almacena na aplicación de Saúde do móbil.
Deste xeito temos unha solución para levar un control da nosa exposición ao sol, que ten un funcionamento manual, polo que non parece que vaia ser algo máis que unha proba de concepto que serve de exemplo das ferramentas de utilidade que poden desenvolverse rapidamente.
Cómpre lembrar que para un mellor seguimento da radiación ultravioleta moitos smartwatches xa contan con función de medición do Ãndice de radiación ultravioleta e de consulta de exposición á luz diúrna.
