Kodi chega a Xbox One
venres, 29 de decembro do 2017
A aplicación Kodi, que facilita a organización e reprodución
de contidos multimedia (e que fÃxose especialmente popular polos engadidos que permiten
o acceso a contidos audiovisuais de orixes irregulares)
leva máis
dun ano presente na tenda de Windows 10 como unha aplicación que funciona
en ordenadores, móbiles e HoloLens que vén
de incorporar unha nova plataforma: Xbox One.
Deste xeito, o Kodi para
Windows 10 funciona tamén na consola de Microsoft, facendo asà máis
accesibles os contidos audiovisuais aos televisores do fogar, de xeito que para
gozar de Kodi no salón xa non haberá que empregar dispositivos con Android ou
conectar un ordenador ao televisor, xa que pode aproveitarse que a consola de
videoxogos xa é un trebello conectado habitualmente a pantallas grandes.
A nova versión de Kodi aÃnda está nunha etapa inmatura, pero resulta
operativa, de xeito que tanto podemos aproveitar a ferramenta para acceder ás
nosas fotografÃas, a nosa música e os nosos vÃdeos dun xeito ordenador, como
para gozar dos engadidos que abren o acceso a moitos contidos en liña, entre os
que non faltan fluxos de vÃdeo piratas,
manténdose a aplicación neutral ao uso que se faga da mesma (de aà que estea
dispoñible para a consola de Microsoft).
