Laboralia achega na Coruña claves para que os universitarios atopen traballo, en liña ou pola vÃa presencial
luns, 10 de decembro do 2007
Dende hoxe, luns 10, e até o vindeiro 14 de decembro de 2007, a Fundación Universidade da Coruña está a organizar no Centro Universitario de Riazor, a terceira edición de Laboralia, unhas xornadas curriculares e maxistrais para axudarlles ós universitarios a atopar emprego de xeito efectivo.
Da man de distintos técnicos de emprego (unha boa parte deles vinculados ó uso das novas tecnoloxÃas da información), as xornadas facilitaranlles ós participantes as ferramentas que precisan para mellorar a súa procura de traballo, creando o seu propio itinerario de inserción sociolaboral e afrontando con éxito as entrevistas que vaian xurdindo.
Asemade, os asistentes a estas xornadas poderán elaborar o seu propio currÃculo para que sexa realmente eficaz e incluso seguirán os pasos que se deben dar para chegar a crear a súa propia empresa.
Por outra banda, ás xornadas maxistrais virán directores de recursos humanos e expertos en selección de persoal de empresas como Blusens, R Cable, Gadisa, Caixa Galicia, Inditex, Galiciaempleo.net ou Repsol, entre outras, que exporán publicamente cales son os perfÃs de traballadores que buscan para as súas firmas, os sistemas que usan para a busca e contratación de persoal e as probas de selección que levan a cabo.
Posteriormente, abrirase un coloquio para que o público asistente propoña as súas dúbidas e dous emprendedores contarán a súa propia experiencia vivida dende o dÃa no que decidiron montar a súa empresa.
As prazas son limitadas e a matrÃcula é de balde.