Lanzan en Brasil unha revista mensual en PDF con artigos achegados de blogues

xoves, 29 de maio do 2008 Marcus Fernández

Primeiro número da revista Feed-se

O pasado 10 de abril lanzaron en Brasil un número piloto dunha publicación electrónica en formato PDF que presentaba unha aparencia realmente pésima, que foi corrixíndose ata que finalmente veu a luz o primeiro número da revista Feed-se, que vén a ser unha publicación mensual que se alimenta de contidos dun grupo reducido de blogueiros brasileiros, que serve de exemplo dun novo tipo de publicación que podería prosperar.
Feed-se sería unha especie de agregador de fluxos RSS en formato revista, que destaca por presentar os contidos dun xeito moi elegante, e ideal para recoller os artigos máis destacados do mes. De ser ven acollida, esta iniciativa podería replicarse en redes de blogs e outras plataformas, que podería xerar revistas baseándose en contidos pensado para a web, aínda que hai que destacar que non todos os contidos con aptos para tal sistema de publicación, xa que as hiperligazóns e o audiovisiual serían baixa no camiño.

PUBLICIDADE