Liberado o mapa conceptual da programación aberta
luns, 9 de novembro do 2009
O software libre, como acontece coa maior parte dos conceptos ligados ás redes da información, fica aínda en sombra para unha boa parte da sociedade. Xeitos de pórlle solución a isto hai moitos, pero se cadra un dos recursos divulgativos máis rechamantes da tempada é o que vén de presentar en liña René Mérou e que consiste na liberación do Mapa conceptual do software libre, escolma visual das vantaxes e funcións do código aberto e que, pola súa feitura gráfica e directa, non require de grandes explicacións que o acompañen.
O recurso, que está en varias linguas (incluída a galega), describe o open source de xeito intuitivo “e empregando as propias referencias que ten a xente sobre os conceptos relacionados, co que é rápido de abondo na súa función”.
Segundo se conta no sitio de Miguel Bouzada en Galpón (responsable por certo do labor de tradución á galego), o mapa pódese descargar a tamaño 800x600 desde bulma.
