Linux xa conta cun cargador oficial para poder funcionar en equipos con Windows 8 preinstalado
martes, 12 de febreiro do 2013
Os ordenadores que veñen con Windows 8 preinstalado como
sistema de arranque empregan UEFI en vez de BIOS, empregando para tal fin unha
sinatura certificada, o que dificultaba a instalación de Linux neses equipos, por
non permitir sistema de arranque non
oficiais, pero este problema está a solucionarse grazas a que o
pasado dÃa 6 Microsoft remitiu á Linux Foundation os ficheiros que facilitan un
cargador asinado para permitir o seu inicio en equipos con Windows 8, de
xeito que calquera
distribución de Linux poderÃa beneficiarse desta posibilidade que algunhas
grandes distribucións de Linux xa solucionaran pola súa conta.
