LucasArts publicará varios dos seus xogos clásicos para PC coma descarga

martes, 7 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Indiana Jones and the Fate of Atlantis está considerado coma un dos mellores xogos do seu xénero

O vindeiro 15 de xullo incorporarase á plataforma de xogos Steam o interesante remake dun clásico de LucasArts, The Secret of Monkey Island: Special Edition, pero non será o único título que publique a compañía a través deste sistema, senón que mañá mesmo permitirá mercar coma descarga un grupo de xogos de xogos clásicos para PC que poderían ser só os primeiros de toda unha serie de relanzamentos.
Así, os primeiros xogos de LucasArts en incorporarse a Steam serán Indiana Jones and the Fate of Atlantis, Indiana Jones and the Last Crusade (versión parcheada sen certos fallos que tiña na súa entrega en CD-ROM), Loom (na súa versión de 256 cores), The Dig, Armed and Dangerous, LEGO Indiana Jones: The Original Adventures, Star Wars Battlefront II, Star Wars Republic Commando, Star Wars Starfighter e Thrillville: Off the Rails. Todos estes xogos tiveron moito éxito no seu momento, e por primeira vez na historia véndense coma contidos descargables, aínda que deberemos agardar unhas horas para coñecer os seus prezos (supomos que bastante baixos).

PUBLICIDADE