Máis de 300 persoas participarán da formación do programa de Voluntariado Dixital

luns, 3 de xuño do 2013 Redacción

David Serantes quixo adiantar o futuro dos móbiles no seu divertido relatorioPara formar a participantes no programa de Voluntariado Dixital da Xunta, desenvolverase a partir do xoves un curso de balde que poderá seguirse de xeito presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo.
Esta acción formativa orientada a capacitar aos voluntarios e persoal técnico das entidades de acción voluntaria adheridas ao programa de Voluntariado Dixital, aínda que está aberta a calquera persoa interesada nesta material, tendo xa formalizadas máis de 300 inscricións.
O primeiro módulo do curso, Redes sociais e comunicación 2.0, terá lugar os vindeiros días 6 e 7, e busca instruír sobre as novas tecnoloxías, os dispositivos móbiles e os servizos baseados na tecnoloxía web, que revolucionaron o xeito en que accedemos á información e o xeito no que nos relacionamos co mundo que nos rodea.
Durante o xoves será o consultor e formador en innovación e marketing dixital, Víctor Gómez (Innovaacción) quen ilustrará sobre o salto entre a web tradicional e a web 2.0, dando conta dos medios sociais e os seus principais expoñente; mentres que o venres abordaranse distintas experiencias prácticas de entidades e organizacións que dispoñen dunha estratexia de comunicación dixital, con Fran Rodeiramar (do hostal Rodeiramar 2A), Yago Pazos (dos espazo gastronómico Abastos 2.0), María Fernández (da cafetería M Café e Copas) e David Serantes (blogueiro e podcasteiro).

PUBLICIDADE