Máis de 70 persoas participaron nunhas xornadas de software libre no ensino celebradas en Ourense
mércores, 8 de outubro do 2014

- Tania Cid, Ana Garriga, Mar GarcÃa e Noel RodrÃguez durante a inauguración das xornadas
Esta semana (nas tardes
do luns e do martes) celebrouse
no Campus de Ourense a primeira edición das Xornadas de achegamento
teórico-práctico ao software libre no ámbito educativo,
actividade organizada pola Asociación Informática Lignux e a
universitaria Educere coa colaboración das delegacións de alumnado
da Facultade de Ciencias da Educación e a Escola de EnxeñarÃa
Informática. O obxectivo destes
encontros foi basicamente o de introducir aos membros das
comunidades docentes galegas na instalación e no manexo de
ferramentas informáticas abertas, facéndose especial fincapé nas
súas posibilidades para o ensino.
As xeiras de traballo
contaron coa presenza de máis de 70 persoas, cifra de participación
que foi moi ben acollida polos organizadores, que salientaron
positivamente o elevado interese amosado polos alumnos das dúas
devanditas escolas e pola nosa comunidade docente de educación
primaria, secundaria e de bacharelato. Segundo fixeron os
responsables das xornadas, o profesorado inscrito acudiu coa arela
de informárense polo miúdo de todas as opcións informáticas que
lles ofrecen para o seu dÃa a dÃa os desenvolvedores de programas
de código aberto.
Segundo fai saber a
Universidade de Vigo (Campus de Ourense), as xornadas arrancaron este
luns na aula multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades,
ata onde se desprazaron a decana da Facultade de Ciencias da
Educación, Mar GarcÃa Señorán, e a directora da Escola de
EnxeñarÃa Informática, Ana Garriga. Xunto a elas estiveron o
presidente da Asociación Informática Lignux, Noel RodrÃguez e a
presidenta de Educere, Tania Cid.
Trala apertura, as
xornadas proseguiron cun relatorio do enxeñeiro informático e
experto en software libre, Óscar Fernández Carballo, director da
Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña dende 2005 ata
2011, que segundo fai saber a UVigo abrangueu diferentes cuestións
vinculadas ao software libre, resaltando vantaxes tales como a súa
versatilidade, eficacia, posibilidade de cooperativismo, optimización
de recursos, etc. Amais disto, afondou tamén na gran variedade de
aplicacións de moita utilidade no eido educativo.
Para pechar o
programa celebrouse na tarde do martes un obradoiro práctico de
instalación e manexo de sistemas operativos e programas libres,
impartido por catro especialistas na materia. Neste obradoiro
afondouse principalmente naquelas aplicacións máis relacionadas co
eido educativo, traballando cos materiais entregados o dÃa antes.
