Máis de cen estudantes participan na final do Concurso Mecano de Ferrol
luns, 28 de novembro do 2016
Máis
dun centenar de estudantes de cinco institutos de Galicia participan
este
martes 29 de novembro (ás
10:15 horas
na aula magna da Facultade de Humanidades e Documentación, Ferrol)
na final do
certame
de robots promovido polo Campus Industrial de Ferrol, o
Concurso Mecano.
Este
evento, como
dixemos os días pasados dende
Código Cero,
diríxese a fomentar
a creatividade, o traballo en equipo e achegar o mundo da enxeñaría
e a tecnoloxía aos estudantes galegos de Secundaria (último ano) a
través da construción
e programación dun robot. Os
participantes xa
realizaron
cadanseus
vídeos coas súas propostas de
enxeños robóticos.
A
puntuación final terá en conta a votación destes vídeos en
Facebook e a valoración do xurado que este
martes
verá as utilidades dos
enxeños
e a súa orixinalidade. Até
o mediodía deste luns 28 os vídeos xa foron vistos por
71.500 persoas.
Segundo
informou os días pasados a organización, o
voto do público, que se obtén
a través dos likes
nos respectivos vídeos, permitirá aos institutos obter as primeiras
puntuacións dos seus proxectos, para presentalo despois perante
un tribunal no propio Campus Industrial de Ferrol, encargado
de outorgar a nota final
xunto coas dúas valoracións (a
pública e a do tribunal).
Na fase final do concurso, a
fase deste martes, os participantes visitarán o Campus Industrial de
Ferrol e aproveitarán para levar a cabo unha serie de actividades
que lles achegarán a oferta docente do campus e o funcionamento dos
grupos de investigación.