Mancomún lanza stickers de tecnólogas galegas ao abeiro de Mulleres en Tech
mércores, 16 de agosto do 2023
Dende
Mancomún (iniciativa galega de fomento do software libre impulsada
dende AMTEGA) aproveitaron este mes de agosto para levar a cabo unha
nova reivindicación do papel das mulleres no ámbito STEM (siglas de
Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). Consistiu
no lanzamento de novos stickers ao abeiro de Mulleres en
Tech.
A iniciativa puxo o foco nos códigos e formatos
comunicativos empregados polas novas xeracións e levouse a cabo nas
redes sociais e no propio portal de Mancomún.
A
colección de stickers pódese empregar nas ferramentas de
mensaxería instantánea e teñen o obxectivo de “visibilizar o
traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM”. Esta
colección de stickers irá medrando ao longo do ano. Entre as
novas achegas figuran as galegas Ana Jimenez, Cristina Barreiro e
Cristina Pampín. Podemos descargar os stickers directamente
no noso dispositivo móbil para usalos no Telegram
ou no WhatsApp.
A
iniciativa tivo un precedente inmediato nos stickers
lanzados polo Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.