Marcel Lozinski será o protagonista de Play-Doc 2011
xoves, 10 de marzo do 2011
O Festival
Internacional de Documentais Play-Doc, que vai ter lugar en Tui do 30 de
marzo ao 3 de abril, acolle na súa sétima edición a primeira retrospectiva que
se realiza no noso paÃs do director polaco Marcel Lozinski, quen xunto ao seu
compatriota Krzysztof Kieslowski, foi un dos cineastas máis importantes da súa
xeración.
Lozinski, que é membro da Academy of Motion Picture Arts and Sciences, institución que
concede os Oscar, e da European Film Academy
e profesor na FEMIS de Paris e na prestixiosa Escola de Dirección Andrzej Wajda
de Varsovia, vai ofrecer unha clase maxistral aberta ao público e orientada a
profesionais durante os dÃas de celebración do festival.
Pola outra
banda, o director de culto norteamericano Lech Kowalski, que xa visitou
Play-Doc no 2008 para presentar a súa triloxÃa The Fabulous Art of Surviving, volve nesta ocasión para ofrecer a
estrea en España do seu último traballo, The
End of the World Begins with One Lie, no que deconstrúe e reinterpreta o
clásico de 1948 de Robert Flaherty Louisiana Story para denunciar o verquido de
petróleo da BP que tivo lugar en 2010 no Golfo de México.
Asemade, Lech
Kowalski, cineasta underground e inconformista cuxa filmografÃa cobre trinta
anos de marxinalidade e contracultura, presentará Camera War, un proxecto online
e interactivo a modo de ’’guerrilla
visual’’, co que a través dunha serie de capÃtulos independentes entre si
fala da nova orde mundial e desafÃa á industria cinematográfica cunha nova
forma de producir e ver pelÃculas. Con ambas propostas, Kowalski pretende fuxir
da idea de consumismo que segundo afirma está estendida tamén ao cinema.